Na edición 2006, que xa é a cuarta edición deste premio, o premiado foi Antonio Cordero Álvarez. Este autor de Ourense presentou a concurso a obra O Filibustero do Mar da Marola e desta maneira recibirá 1.500 euros e o libro será publicado por Ediciós do Castro. 11 foron as obras presentadas este ano ó premio.

Xosé Neira Vilas, Xoán Andrés Fariña, Valentín García e Luis Reimóndez foron os compoñentes do xurado. O argumento da peza teatral é o dun neno que queda engaiolado pola acción dun estrano filibustero e vai coñecendo os misterios e tamén os perigos do mundo real. A partir de ahí, un escritor atormentado polas musas, vai completar o aventurado achado dun tesouro.

O domingo día 17 de decembro do 2006, na sede da Fundación Xosé Neira Vilas en Gres (Vila de Cruces), ás 17.00 h., fíxose entrega do premio.

No acto, ó que acudíu o Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, destacouse o gran esforzo que se está a realizar para impulsar e manter vivo o teatro para nenos.

   
  Anisia Miranda facendo entrega do premio a Antonio Cordero  

Despois do acto de entrega do premio, o actor Gonzalo Valcárcel representou a obra Sobre los males que provoca el tabaco, do autor Antón Chejov.

   
  Gonzalo Valcárcel na súa representación  

GALERÍA FOTOGRÁFICA DO PREMIO ESTORNELA, ANO 2006