Na edición 2007, que xa é a cuarta edición deste premio, a premiada foi Concha Blanco. Esta autora de Cee presentou a concurso a obra Os cantos da rula e desta maneira recibirá 1.000 euros e o libro será publicado por Ediciós do Castro. 21 foron as obras presentadas este ano ó premio.

O xurado premio á obra valorando o seu ritmo e léxico, así como unha temática na que non falta a natureza dos soños, próxima ó mundo infantil.

O domingo día 2 de decembro do 2007, na sede da Fundación Xosé Neira Vilas en Gres (Vila de Cruces), ás 17.00 h., fíxose entrega do premio. Dito acto foi emitido en directo por Internet a través desta web.

No acto, ó que acudíu o Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, destacouse o gran esforzo que se está a realizar para impulsar e manter vivas as obras poéticas para nenos.

   
  A premiada, Concha Blanco  

Despois do acto de entrega do premio, o unhas improviadas pezas dun tenor local (Cesáreo Torres) e dun grupo de zanfona e violín de Cuntis (Dúo Seixo), amenizaron a clausura do acto de entrega do premio Arume 2007.

   
  Concerto de zanfona e violín a cargo do Dúo Seixo de Cuntis  

GALERÍA FOTOGRÁFICA DO PREMIO ARUME, ANO 2007