FALLO PREMIO ARUME DE POESÍA 2015

NOTA DE PRENSA

Na tarde do venres 18 do mes de nadal de 2015, na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, reuniuse o xurado do Premio Arume de Poesía para nenos ó obxecto de fallar a súa oitava edición. O xurado, composto por: Juan Andrés Fernández Castro (presidente), Luis Reimóndez Fernández e Rosalía Morlán Vieites -que actuou á súa vez como secretaria-, destacou a cantidade e calidade dos traballos recibidos, entre os que resultou elixido por unanimidade o poemario titulado “Soños de nenos” que, unha vez aberta a correspondente plica, resultou ser da autoría de Mónica Inés Varela Gestoso.

O xurado apreciou neste poemario, de versificación áxil e luminosas imaxes, todo un mundo de elementos tenros e marabillosos, tecidos por unha persoa que denota un perfecto coñecemento da alma infantil. A súa lectura pode facilitar un primeiro contacto coa lírica e ofrecer ós mestres un valioso recurso educativo.

A entegra do premio terá lugar o vindeiro mes de xaneiro en data por determinar que será comunicada oportunamente.

Esta demora débese á luctuosa circunstancia (de xeral coñecemento) pola que atravesa esta Fundación.

A Fundación Xosé Neira Vilas quera aproveitar este comunicado para agradecer todas as mostras de adhesión e condolencia recibidas nestes días.

Gres, Vila de Cruces, 18 de decembro de 2015

 

1ª EDICIÓN, ANO 2001. PREMIOUSE "LÚA DE PAN", DE XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO.


2ª EDICIÓN, ANO 2003. PREMIOUSE "A PRAIA DOS LAGARTOS", DE HELENA VILLAR JANEIRO.

3ª EDICIÓN, ANO 2005. PREMIOUSE "ABRACADABRAS", DE MARÍA CAMPO.

4ª EDICIÓN, ANO 2007. PREMIOUSE "OS CANTOS DA RULA", DE CONCHA BLANCO.

VER ACTO DE ENTREGA PREMIO ARUME 2007

5ª EDICIÓN, ANO 2009.



6ª EDICIÓN, ANO 2011.



7ª EDICIÓN, ANO 2013.DESCARGAR AS BASES DO PREMIO - GAÑADORA: MARIA XOSÉ LAMAS