A sede da Fundación Xosé Neira Vilas radica na casa onde naceu o escritor. Unha modesta casa campesiña que se acha no núcleo orixinal da parroquia de Gres. Neira Vilas herdouna de seus pais e decidiron, el e a súa muller, Anisia Miranda, doala á Xunta de Galicia coa condición de que fose restaurada e se instalase nela unha biblioteca pública.

A Xunta de Galicia aceptou a doazón da casa do Romano e designou para a restauración ó arquitecto César Portela. A obra rematouse en 1993. Incluía unha nova construcción anexa, de pedra, na que hai unha vivenda que ocupan Neira Vilas e Anisia, así como unha Sala de Exposicións e Concertos. Na antiga casa hai un Museo Etnográfico e a Biblioteca Pública, cunha sala de lectura para nenos e outra para adultos.

A Consellería de Cultura determinouque para que esta obra de servicio cultural a unha ampla comarca tivese continuidade era necesario crear unha fundación. E xurídicamente creou a Fundación Xosé Neira Vilas, que á vez botou a andar o Centro Cultural de Gres, que conta cos servicios ditos e ademáis convoca dende o ano 2000 os concursos literarios cos Premios ARUME e ESTORNELA, de poesía e teatro respectivamente, para nenos.

A Fundación está catalogada oficialmente como de interese galego e de interese cultural. Conta cun patronato que rixe as súas actividades. Presídeo Xosé Neira Vilas e é vicepresidenta Anisia Miranda.

   
  Vista da Entrada á Casa do Romano e vivenda anexa