O RÍO ULLA

A comarca recibe o nome do río Ulla, un dos máis longos e caudalosos de Galicia. Segundo estiman os xeógrafos, a súa conca fluvial é a máis extensa da Comunidade galega despois da do río Miño, pois abrangue máis de 2.700 quilómetros cadrados. O río e os seus afluentes máis importantes recollen a chuvia que cae nos concellos da Estrada, A Golada, Ames, Antas de Ulla, Arzúa, Boqueixón, Catoira, Dodro, Dozón, Forcarei, Lalín, Melide, Monterroso, Palas de Rei, Padrón, Rianxo, Rodeiro, Santiago de Compostela, Santiso, Silleda, Teo, Toques, Touro, Valga, Vedra e Vila de Cruces.
A Gran Enciclopedia Gallega indica que nace o río en Monterroso, estando as súas fontes en Ansar, no monte Picouzo, e entre San Estevo e Fondevila. Únese ó primitivo regueiro o Rial, no mesmo concello, e pouco despois o Ribeiro.


Sen embargo, J. Varela, vía Internet, fainos saber que, conforme os seus datos, o río moi posiblemente nace nunha fonte que se encontra nun predio da parroquia de Olveda (concello de Antas de Ulla). Se vostede que nos le desexa achegar máis información, non o dubide: escríbanos.
Na Ulla, o río que lle dá o nome á comarca recibe como afluentes, entre outros, ó río Pontillón, ó rego de Valpedre e ó río Deza. Sinalar que estes lle proporcionan auga todo o ano anque o caudal non sexa o mesmo en inverno ou verán. Tamén podemos dicir que no Ulla, estando en temporada, pódense pescar algunas troitas, pero nada en relación co que se lograba hai unhas décadas, cando aínda se vían saltar no Couto de Ximonde espléndidos salmóns e troitas:
Polo río abaixo vai / unha troita de pé, / corre que te corre, / quen a podera coller. / Quen a podera coller, / quen a podera pescar, / polo río abaixo vai / unha troita de pé. (Popular)

Para completar esta pequena información hidrográfica diremos que na serra do Pico nace outro afluente do Ulla, o regueiro de San Cristovo, que se une a aquel uns cinco quilómetros ó sur. Tamén podemos falar algo de termalismo, pois existen dúas fontes termais, con augas de penetrante e desagradable olor que nos indica a súa gran riqueza en compostos de xofre. As devanditas burgas están situadas nas aldeas de Caldelas (o topónimo xa nos indica a presencia de augas termais) e Donas, e antano estaban moi concorridas, pois ós efectos curativos derivados da súa inxestión súmanse as súas virtudes para o tratamento de enfermidades cutáneas e cauterización de feridas.

Se queres que o carro cante , / bótalle o eixo no río / e despois de ben mollado, / canta como eu asubío . (Popular)

 

PONTE LEDESMA

Está a Ponte Ledesma sobre o río Ulla, na estrada que vai de Boqueixón a Vila de Cruces, a pouca distancia de Ponete Ulla, por onde pasa a estrada xeral Santiago-Ourense. A ponte comunica ademáis con dous núcleos que se asentan na mesma beira da ponte, a ambos lados. Un da banda da Coruña, que se chama Ledesma, e o outro na banda de Pontevedra que leva o nome de Gres. Gres pertence ó concello de Vila de Cruces.

De Ponte Ledesma hai tres referencias históricas: unha relativa á existencia desa ponte dende o século XVI, segunda cita de Vasco de Aponte, e outra á necesidade de construila, data a finais do XVI. A terceira é a que está escrita nuha das bóvedas e que, segundo algunhas testemuñas, sinala a data de construcción. Está ilexible pero sería no mil seiscentos e pico.

Esta ponte xa figura no mapa "Gallecia Regnun" que se publicou en Alemaña no século XVII.

As características formais permiten atribuir á súa construcción ó século XVI ou XVII, inda que o paso sobre o río neste lugar debe vir de ebn antes. Ou unha ponte roamana ou unha de madeira que aproveitaría o apoio intermedio das insuas cercanas.

Este paso debeu ser alternativo no camiño de Santiago a Ourense ó de Ponete Ulla. Pasada Ponte Ledesma, saen dous camiños reais que se dirixen nun primeiro tramo paralelo ó Ulla, de maneira que un debía enlazar co camiño real a Ourense, e o outro a Vila de cruces. De feito foi a cidade de Ourense a que estaba interesada na obra, e di Fernández Alonso que para levar a cabo esta obra tomouse un acordo en 1.574. Nela participou Juan de herrera, mestre de obras. No seu testamento de 1.505, recollido por Pérez COnstanti, alúdese a esta ponte, e léganse ó aparellador Pedro del Río, mil trescentos ducados para este traballo.

Tivo moita importancia nesa época a comunicación Santiago-Ourense, sobre todo para o traslado de viños a Compostela, onde estaba o maior centro consumidor.

Ata o século XIX cobrábase portazgo por pasar pola ponte. Inda se conserva unha pedra que o sinala.

Durante a Guerra da independencia tivo lugar unha fote resistencia ante os franceses, na que tomaron parte veciños da comarca, baixo as ordes do marqués da Romana. En represalia, os franceses queimaron a igrexa de Gres e danaron outras dos arredores.

A Ponete Ledesma ten nove arcos, seis deles de luces semellantes, e os outros tres de menor luz. Todos eles son de sillería, con dovelas regulares que continúan na fábrica dos tímpanos, tamén de sillería.

As bóvedas apóianse sobre pilas de sillería. O ancho das pilas vai de 3,45 a 3,60.

A protección da ponte cómpre extendela ó seu entorno formado polas marxes do Ulla, incluídas as insuas carballeiras e polas construccións populares das dúas bandas do río, é dicir, por gres e Ledesma.

O entorno da ponte é lugar de gran beleza. Boas terras, viñedos, os castros de Castro Mouzo e Pena Anduriña. un anaco fermoso do val do Ulla medio.