NOTA DE PRENSA DA FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS - 23/12/2010

A todos os que presentaron orixinais para o Premio de Teatro Infantil ESTORNELA

Concursantes amigos: vimos de entregar o Premio Estornela ó escritor Carlos Labraña pola súa obra “Teatro de xoguete”.Considerámosvos amigos dende o momento en que vos achergastes á nosa convocatoria. Iso significa que confiastes e confiades en nós. Significa que confiades na nosa obra, no noso esforzo para contar con pezas teatrais que poidan representar nenos e nenas nos colexios, nas asociacións culturais, nos barrios.

Significa que vos gusta o teatro e participades por tanto das mesmas inquedanzas que moven o noso afán. Significa, por encima de todo que sentides amor e tenrura de cara aos cativos, de cara a eses seres que temos que formar, non só no seo da familia, non só na escola, senón que é tarefa de toda a sociedade. En fin, significa que considerades o teatro coma un vehículo moi importante para que nenos e nenas se expresen ben en galego, para que perdan a timidez e se enfronte aos espectadores de calquera idade, e para que aprendan a traballar en equipo, algo moi importante cando o individualismo do noso tempo arrinca do berce, e ao pouco de teren uso de razón xa están diante das consolas mergullados nos xogos informáticos, que non desbotamos pero que son algo puramente individual.

Agradecemos a vosa participación no Premio Estornela e queremos exhortarvos a que sigades participando. Isto é válido, como dicimos para o premio de teatro máis tamén para o Premio ARUME de poesía, que convocaremos no 2011, pois como é sabido convócanse en anos alternos.

É comprensible que non podemos ter premios para todos. E ás veces o xurado vese en dificultades para escoller, dado que hai calidades moi semellantes. Cando máis como engadido podemos declarar algunha obra de mérito outorgándolle unha Mención de Honra, por parte do xurado, como fixemos recentemente coa peza “Tulipáns vermellos” do autor estradense Xosé Luna Sanmartín.

Resumindo, queremos expresar a nosa gratitude a todos e a cada un dos concursantes e animarvos para que sigades participando nesta fermosa aventura que é de todos os que traballamos polo ben dos máis pequenos.

A todos e a todas, desexámosvos un venturoso ano 2011.

FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------

HOMENAXE A ANISIA MIRANDA

DOMINGO, 24 OUTUBRO DE 2010 - ÁS 6 DA TARDE

- SEMBLANZA , por Luís Reimóndez.

- “ANISIA ”, por Valentín García

- “UN ANO SEN TI”, por Ofelia Otero

 

LETICIA PAVÓ lerá poesías de Anisia

ACTUACIÓN DUN SEXTETO MUSICAL CUBANO
 Que interpretará cancións populares de Cuba con acompañamento de guitarra, piano, baixo e percusión.

PALABRAS DE XOSÉ NEIRA VILAS

CENTRO CULTURAL DE GRES (Fundación Neira Vilas)

  *ENTRADA LIBRE

------------------------------------------------------------

PREGUNTAS PARA D. XOSÉ NEIRA VILAS

Realizadas polas alumnas do IES Manuel García Barros MARTA RODRÍGUEZ CASTRO e HELENA VILAR REBOLO, alumnas de 1ºBACHARELATO (16 anos) - Curso académico 2009-10

VER ENTREVISTA

------------------------------------------------------------

Curso de Extensión Universitaria.

Aula da Uned de Lalín (Centro Asociado de Pontevedra)

XOSÉ NEIRA VILAS. DA GALICIA DE BALBINO Á GALICIA DE HOXE

Datas de celebración: 26-28 de abril de 2010

Director do curso : Pilar González Yanci, Profesora Titular de Xeografía na UNED

Secretario : José Antonio Aldrey Vázquez. Profesor de Xeografía na USC e titor na Aula da UNED de Lalín.

Lugar de celebración : Edificio da Aula da UNED de Lalín Pontevedra.

Programa Provisional (duración 20 horas)

Luns 26 de abril

Mañá

10-10.30 horas: Recepción do curso. Entrega de Material. Benvida institucional.

10.30-11.30 horas: O SIGNIFICADO DA VIDA E OBRA DE XOSÉ NEIRA VILAS, por Xosé Luis Axeitos (Membro da Real Academia Galega e catedrático de Lingua e Literatura Castelá no IES Rafael Dieste da Coruña ).

11.45-12.45 horas: Víctor Fernández Freixanes ou Xesús Alonso Montero

13-14 horas: DE BALBINO A HOXE: O DESENVOLVEMENTO DA NARRATIVA DE NEIRA VILAS NA LITERATURA GALEGA CONTEMPORÁNEA, por Dolores Vilavedra (Membro do Consello da Cultura Galega e profesora de Filoloxía Galega na USC).

Tarde

16.30-18.00 horas: CAMBIOS TERRITORIAIS DO MUNDO RURAL (O ESPAZO RURAL, ECONOMÍA E ORGANIZACIÓN), por Román Rodríguez (Profesor de Xeografía da USC. Diputado do Parlamento de Galicia).

18.00-19.30 horas: AS MUDANZAS DEMOGRÁFICAS NA GALICIA CONTEMPORÁNEA, por José Antonio Aldrey (Profesor de Xeografía da USC)

 

Martes 27 de abril

Mañá

10-11.15 horas: O CONTEXTO DA EMIGRACIÓN DE NEIRA VILAS. GALEGOS A AMÉRICA, por Francisco Durán Villa (Director do Departamento de Xeografía da USC).

11.15-12.30 horas: EMIGRANTES LALINENSES EN AMÉRICA: OS EXEMPLOS DE BUENOS AIRES E LA HABANA , por María Seijas Montero (Doutora en Historia por la USC ).

12.30-14 horas: CAMBIOS TERRITORIAIS E DEMOGRÁFICOS EN ESPAÑA, por (Pilar González Yanci. Profesora de Xeografía da UNED de Madrid).

Tarde

16.30-18.00 horas: MEMORIAS DUN NENO LABREGO E CAMBIO CULTURAL NO RURAL, por Marcial Gondar (Catedrático de Antropoloxía Cultural da USC).

18.00-19.30 horas: CAMBIOS RELIXIOSOS NO MUNDO RURAL, por Victorino Pérez Prieto (Teólogo, Profesor da USC y da UDC).

 

Mércores 28 de abril

Mañá

10.30-11.30 horas: NEIRA VILAS. ¿ESCRITOR PARA PÚBLICO INFANTIL, por David Otero (Mestre e escritor).

11.45-12.45 horas: Víctor Fernández Freixanes ou Xesús Alonso Montero

13.00-14.00 horas: MEMORIAS DUN NENO LABREGO OU A MEMORIA DOLORIDA E A PSICOLOXÍA DA HUMILLACIÓN , por Luís Fernández Ríos, (Profesor de Psicoloxía na USC).

Tarde

VISITA Á FUNDACIÓN NEIRA VILAS

16.30-18.00 horas: A FUNDACIÓN NEIRA VILAS, ¿CENTRO PARA INVESTIGAR O RURAL?.

18.00-19.00 horas: RECEPCIÓN DE XOSÉ NEIRA VILAS

19.00-19.30 horas: Peche institucional do curso.

 



Neste acto, que será aberto a todo o público, intervirán persoas e institucións relacionadas coa vida e a obra de Anisia Miranda, e coa Fundación Xosé Neira Vilas, da que era vicepresidenta. Así mesmo, presentarase e distribuirase o libro "Homenaxe a Anisia Miranda" , coeditado pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística e Dirección Xeral de Promoción e Difusión Cultural), o Concello de Vila de Cruces e a Fundación Xosé Neira Vilas.

 

CENTRO DE DOCUMENTACIÓN DA COMARCA

A Fundación Xosé Neira Vilas proponse crear un centro de documentación da comarca,é dicir,documentos antigos que existen nas casas,e invita a que os doen para poñelos o servizo de historiadores,investigadores,etc.

Documentos como testamentos,cesións,historias de casas,foros,partillas e outros,de parroquias das dúas beiras do rio Ulla,ou sexa de Gres,Ponte Ledesma e arredores fundamentalmente.

50 aniversario da editorial Follas Novas

ENTREVISTA A XOSE NEIRA VILAS - GALICIA HOXE - 21/04/2008: ARQUIVO 1 - ARQUIVO 2