DISCURSO BIBLIOTECA GONZÁLEZ GARCÉS

Discurso de inauguración da Exposición Querido Balbino na Biblioteca González Garcés da Coruña

DESCARGAR TEXTO DO DISCURSO (ARQUIVO FORMATO PDF)

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

DISCURSO MEDALLA CARPENTIER

DISCURSO DE XOSÉ NEIRA VILAS NO PARANINFO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, O 23 DE XUÑO DE 2011 ONDE O CÓNSUL XERAL DE CUBA EN GALICIA LLE IMPUXO A MEDALLA ALEJO CARPENTIER, OUTORGADA POLO CONSEJO DE ESTADO DA REPÚBLICA DE CUBA.

DESCARGAR TEXTO DO DISCURSO (ARQUIVO FORMATO PDF)

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

CARTA DE XOSE NEIRA VILAS A BALBINO

DESCARGAR (ARQUIVO FORMATO PDF)

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
VER DOSSIER

AMPLIAR

50 ANIVERSARIO da publicación de Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas

A concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez Silva, o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes e o autor Xosé Neira Vilas


Teñen a honra de convidar a vostede á presentación da nova edición da obra que terá lugar o vindeiro día 26, mércores, ás 20.00 horas.

O actor e director de teatro Cándido Pazó fará un breve apuntamento escénico sobre o seu espectáculo baseado nas Memorias.

LUGAR: Centro Social de Novacaixagalicia (praza de Cervantes)

Neste acto o autor asinará exemplares da obra

Santiago de Compostela, xaneiro 2011

                         





-----------------------------------------------------------------------------------------

 

A ESTRADA CONMEMORA OS 50 ANOS DE ‘MEMORIAS DUN NENO LABREGO'

  5/01/2011 - O acto, que reuniu ao escritor con escolares, coincide coa data exacta da publicación do libro

A Estrada, 5 de xaneiro. O Museo do Moble e da Madeira da Estrada foi o marco elixido para conmemorar, na mañá de hoxe, os 50 anos da publicación da máis coñecida novela de Xosé Neira Vilas, “Memorias dun neno labrego”. O acto coincidiu coa data exacta de publicación da primeira edición do libro en Bos Aires, por parte da editorial Follas Novas que rexentaba o propio autor, un 5 de xaneiro de 1961.

No acto estiveron presentes, ademais do escritor, o alcalde da Estrada, José Antonio Dono; representantes da Xunta de Galicia como o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, o director xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, Francisco López, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; e o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes (a cal colaboraba xunto co Concello estradense na organización do acto), ademais doutras personalidades da cultura e a política.

Un fito na historia da literatura galega

No transcurso da homenaxe, os mencionados oradores destacaron o valor das “Memorias” como un dos fitos da literatura galega, e como unha obra que pola súa calidade transcende ao seu autor para converterse nunha referencia universal, ata superar os 600.000 exemplares vendidos. Ademais, compararon as vivencias de Balbino coas súas propias, afirmando que a obra do autor cruceño é fiel testemuña da difícil vida no rural galego durante os primeiros sesenta anos do século XX.

José Antonio Dono, alcalde estradense, afirmou que como obra mestra que é, Memorias dun neno labrego soporta á perfección o paso do tempo, mantendo vivas a súa frescura, e o valor universal da rebeldía do seu protagonista, Balbino. Destacou tamén a vinculación do escritor coa Estrada, motivo polo cal esta homenaxe se celebrou na localidade.

Pola súa banda, Neira Vilas interveu para relatar a xénese na obra, escrita durante o segundo semestre de 1960 nun café porteño. Destacou que nun principio a obra estaba dirixida á importante comunidade galega na Arxentina, que nos anos 60 achegábase ás 400.000 persoas. Fixo balance das numerosas traducións da súa obra, algunhas das cales, afirmou, o sorprenderon moito, como a realizada ao chinés.

A editorial Galaxia aproveitou o evento para presentar a reedición de “Memorias dun neno labrego”, a cal inaugura a Biblioteca Neira Vilas, dentro da cal se publicarán todas as obras do autor. É a primeira vez que a editorial dedica unha biblioteca de autor a un escritor vivo. Durante o acto, que contou con numeroso público, esgotáronse os 200 exemplares postos á venta, que Neira Vilas asinou e dedicou aos asistentes, como fixo con edicións máis antigas das súas obras.

Con este acto o Concello da Estrada, ademais de honrar ao autor e á súa obra, puxo fin ao Club de lectura dirixido a escolares que se estaba celebrando desde o pasado 28 de decembro, e que tivo como obxecto de estudo esta obra. Xosé Neira Vilas respondeu ás preguntas dos rapaces e rapazas participantes, ademais de aproveitar para conversar con eles.

Neira Vilas e Memorias dun Neno Labrego.

Memorias dun Neno Galego foi publicado por primeira vez o 5 de xaneiro de 1961 en Buenos Aires, Arxentina, onde Neira Vilas se atopaba emigrado desde 1949. No país austral, Neira Vilas coñeceu e frecuentou a intelectuais da talla de Ramón Suárez Picallo, Luís Seoane, Rafael Dieste, ou Lorenzo Varela. Este contacto coa intelectualidade galega no exilio serviulle para desenvolver as súas capacidades literarias, e tivo como resultado a creación da editorial Follas Novas.

Xosé Neira Vilas é membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e La Habana, Premio da Crítica Española (narrativa) e Premio da Crítica Galega (ensaio); recibiu a medalla Castelao, o Pedrón de Honra, e numerosos premios literarios. Ademais, a través da Fundación que leva o seu nome e que ten sede en Vila de Cruces leva a cabo un importante labor de dinamización cultural no rural galego.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------