FUNDACION XOSE NEIRA VILAS - GRES - VILA DE CRUCES

O 27 de novembro, cabodano do seu pasamento, aínda pousou uns caraveis vermellos na campa de Neira Vilas e pronunciou na súa honra e na de Anisia unhas verbas de lembranza. El non o sabía, pero xa a parca cruel o sinalara co seu dedo descarnado, e aínda non pasara un mes cando veu reclamar a súa vida.

O sábado, día 15 de decembro, deixounos José Luis Reimóndez Fernández, presidente da Fundación Xosé Neira Vilas e incansable divulgador da obra literaria do eximio escritor de Gres.

Descanse en paz aquel que levaba a Galicia no seu corazón e honrou a cotío a súa cultura e a súa xente; aquel que foi xeneroso e franco con todos, estrito no cumprimento do deber, pródigo en sorrisos e aloumiños.

Descansa en paz, amigo.

 

FACEBOOK

ESTAMOS A TRABALLAR NO NOVO DESEÑO DA

WEB DA FUNDACIÓN CON NOVOS CONTIDOS E NOVIDADES.

MENTRAS, VISITA A WEB DA FUNDACION CO DESEÑO ANTERIOR